Próxima exposición en Vilán: «Raíces»

La Voz

CAMARIÑAS

Con obras de Freire Gago, poderá verse do 3 ao 30 de xuño

28 may 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Do 3 ao 30 de xuño • A sala que xestiona a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística no faro Vilán de Camariñas acollerá do 3 ao 30 de xuño a exposición de escultura natural Raíces. Son obras de A. F. G., iniciais que corresponden a Agustín Freire Gago (A Estrada, 1980), e que mostran como a man do home pode facer ver o impredicible e caprichoso da natureza.