O PP de Camariñas denuncia o estado de abandono do parque de Xaviña

La Voz

CAMARIÑAS

Xa formulara queixas doutras instalacións

26 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O PP de Camariñas, que xa se queixou do estado das instalacións deportivas na capital municipal, onte denunciou o «abandono» e as condicións «lamentables», nas que se atopan tanto o parque infantil como a pista polideportiva de Xaviña. Esixen un mantemento urxente para que os nenos poidan usalos.