O BNG larachés estrea local para o grupo municipal

La Voz CARBALLO / LA VOZ

A Laracha

Atenderá a quen se achegue os luns de 11.00 a 13.00 horas e os mércores de 17.00 a 19.30

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O BNG larachés celebrou onte que, «despois de máis de 20 anos reclamándoo desde o BNG», os grupos políticos con representación na corporación teñan locais nas instalacións municipais. Están situados no segundo piso do edificio de servizos múltiples (rúa López Astray). Así, o BNG informa que atenderán a quen queira achegarse a falar co grupo os luns de 11.00 a 13.00 horas e os mércores de 17.00 a 19.30 (excepto os meses de xullo e agosto). Indican, neste sentido, que estarán «encantados de atender a todas as persoas que se acheguen nese horario».