Catro caras novas no Lubiáns Calvo

La Voz

CARBALLO

Alba Romero

Son Xisco Ramos, Fernández Rodríguez, Fran Martínez e Joel García

27 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Carlos Loureiro, adestrador do Lubiáns Calvo, presentou onte no pavillón Carballo Calero, aos catro xogadores que se incorporan ao novo proxecto deportivo do club. O porteiro Xisco Ramos; Fernando Rodríguez, Fran Martínez e Joel García únense ao equipo, que xogará na liga sénior autonómica, co obxectivo de loitar polos catro primeiros postos. O conxunto carballés é na actualidade o gran referente do hockey da Costa da Morte e, con estas novas incorporacións, pretende ensamblar un elenco que poida competir cos denominados grades da categoría.