Romaría, merendas e moita festa

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Corcoesto celebrou onte a súa festa de Santa Mariña do Remuíño

24 jul 2017 . Actualizado ás 12:53 h.

A parroquia cabanesa de Corcoesto celebrou onte a súa festa de Santa Mariña do Remuíño, unha popular romaría que, a parte de contar coa súa parte relixiosa, congregou a familias de moi diversos lugares, que se achegaron ata a carballeira do lugar para gozar dunha xornada de reunión na que non faltaron as tradicionais merendas. O bo tempo acompañou esta xornada de devoción, merendas e música.

.