A carreira popular de Vilaño sáldase cun éxito de convocatoria

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Uns setecentos corredores participaron na cita

24 jul 2017 . Actualizado ás 12:53 h.

Máis de setecentos corredores participaron onte na carreira popular organizada pola Asociación Adro de Vilaño, na Laracha. Cun volume de inscritos bastante superior ao rexistrado na anterior edición, a cita foi todo un éxito. Os máis novos foron os primeiros en cruzar a liña de meta. Máis tarde sería a quenda dos adultos e, como broche de ouro, desenvolveuse a Andaina Saudable-Solidaria ás 19 horas.