A xoia

La Voz BERRO SECO

CARBALLO

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Moraime é a xoia histórica e arquitectónica da Costa da Morte. A súa importancia non se viu correspondida cos coidados nin coas atencións que merece. Durante decenios, o abandono campou ás súas anchas, coa subtracción de elementos históricos incluída. Agora, Concello e Xunta parece que farán investimentos. Haberá que saber en que contía e que intervencións vanse realizar. Moraime non se despacha de calquera xeito.