A herba

Manuel Gago
Manuel Gago VERMELLO CONTRA O Mar

CARBALLO

28 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

posible que vostede, bergantiñán ou bergantiñá, soneirán ou soneirá, fisterrán ou fisterrá, empeñada en manter unha pequena horta coa que celebrar anualmente ou sabor dous «tomates de verdade» e agasallar a todos vos familiares con bolsas de excedente hortofrutícola, xa teña claro que facer nesta ponche de maio: rozar a herba.

Eu confésoo: teño que facer lestes días unha viaxe ao sur de España a medias traballo e a medias lecer e abandono a terra de Breogán co arrepentimento de que teño a herba sen segar e a casa comeza a estar rodeada dun manto vexetal digno dunha película de Tim Burton. A herba xéranos responsabilidades (e arrepentimentos) case ao nivel dun fillo rebuldeiro, e sen dúbida deu lugar a un dous refráns máis sofisticados, sensibles e poéticos que pariu ou noso acervo popular: «Mes dá herba, mes dá merda».

Desculpen o vocabulario pero a herba sempre provoca estas cousas. Na época dos nosos avós estes problemas da modernidade ?a herba entolecida medrando á vista dos veciños? non existían; daquela, en canto algo medraba uns centímetros, xa había unha boca de ovicáprido, bóvido ou humano disposto a reciclala.

Hoxe en día a herba é a consecuencia incómoda da nosa teima en non deixar desaparecer o campo e querer comer san e delicioso. Así que, señores e señoras que, coma min, xa estades obsesionados en ver medrar a herba, pensade que de alí non vai marchar e que tedes ata xuño para aburrirvos a segar.

Celebrade a vida e, como me din sempre os urbanitas que teñen solucións para todo, «mercade unha cabra».