Os emigrantes retornados protestan ante o Parlamento de Galicia

La Voz

CARBALLO

Os pensionistas están convocados para as 11.30 horas

26 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Os emigrantes retornados que perciben pensións do estranxeiro volven manifestarse hoxe ante o Parlamento de Galicia para esixir que se modifique a lei que lles impón unhas obrigacións tributarias que consideran excesivas. Saen ás 11.30 horas de Praterías e chegarán ata a rúa do Hórreo.