Portos inicia a instalación de barreiras e cámaras nos accesos á nova lonxa de Ribeira

RIBEIRA

carmela queijeiro

As obras obrigaron a cortar un carril de tráfico no paseo das Carolinas

27 jul 2017 . Actualizado ás 15:25 h.

Portos iniciou a última obra civil antes da apertura da lonxa. Trátase da instalación de barreiras para restrinxir o tráfico só a vehículos autorizados durante as horas nas que a rula estea a funcionar. Tamén se colocarán cámaras de vixilancia. Os traballos prolongaranse ata a próxima semana e o investimento a efectuar ascende a 25.000 euros. Fontes de Portos explicaron que tamén se realizarán modificacións circulatorias, de forma que cando haxa actividade na lonxa haberá un sentido único de circulación en cada dirección. Os coches entrarán por unha banda e sairán por outro, circunvalando o recinto.