Un ferido nunha colisión entre dous coches nunha pista de Asados

RIANXO

Un dos condutores, segundo parece,  non respectou un sinal de stop

21 abr 2017 . Actualizado ás 17:55 h.

Pouco despois das tres da tarde, nunha pista do lugar de Asadelos, na parroquia de Asados, Rianxo, rexistrouse un accidente con dous turismos implicados. Segundo informaron no operativo de seguridade, un dos condutores non tería respectado un sinal de stop. Ademais, o ocupante dun dos turismos resultou ferido o impacto do cinto de seguridade no seu peito e do airbag. A vítima foi trasladada por medios propios ao centro médico da vila rianxeira. A Policía Local, coa axuda de bombeiros de Boiro, que limparon a calzada, formou o dispositivo de seguridade.