O circuíto da Deputación traerá varias probas á zona

Ribeira / La Voz

OUTES

Formará parte dunha competición que involucra a 30 concellos coruñeses

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Un total de trinta concellos da provincia da Coruña acollerán probas do quinto Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación. Entre eles, atópanse Outes, o 17 de maio; Carnota, o 20 de agosto; A Pobra, o 27 de agosto; Noia, o 2 de setembro; Ribeira, o 30 de setembro; Rianxo, o 1 de novembro; Boiro, o 3 decembro, e Porto do Son, o 17 de decembro.