Alumnos noieses levaron a música á rúa

ribeira

NOIA

Máis de 350 estudantes dos institutos noieses Virxe do Mar e Campo de San Alberto deron un concerto multitudinario

28 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Máis de 350 estudantes dos institutos noieses Virxe do Mar e Campo de San Alberto deron un concerto multitudinario fronte ás portas do primeiro. Xilófonos, metalófonos, frautas doces, pianos, unha batería e ata un baixo eléctrico foron algúns dos instrumentos que reproduciron cancións de música clásica, como o Canon de Pachelbel ou o Himno da Alegría, e outras máis actuais, como It's my life de Bon Jovi. Detrás dos controis de son estiveron os alumnos do ciclo de vídeo disyóquey do Virxe do Mar. foto Marcos creo