Arcebispado e Concello buscan un acordo para que a capela de San Bernardo acolla exposicións

Noia / La Voz

NOIA

En la siguiente fase se prevé restaurar la cúpula del templo.
Na seguinte fase prevese restaurar a cúpula do templo. M. Creo

A primeira fase das obras de rehabilitación do templo xa finalizaron

21 abr 2016 . Actualizado ás 05:00 h.

É un plan a medio prazo, pero xa se mantiveron conversacións en busca dun acordo que permita que a capela de San Bernardo poida utilizarse como espazo para exposicións. Así o indicaron tanto o párroco José Ortoño como o alcalde de Noia, Santiago Freire, tras visitar o templo, que levaba anos abandonado e onde acaba de finalizar unha primeira fase dos traballos de rehabilitación.

Ortoño explicou que a actuación afectou á cuberta da nave da capela co obxectivo de evitar que as filtracións de auga seguisen danando o edificio, así como o selado de portas e fiestras. O seguinte paso, para o que xa se está en contacto con distintas Administracións en busca de axuda, será reparar a cúpula: «Xa se estableceron novos contactos a ver se se pode acometer a obra antes do inverno. A cúpula tamén filtra auga e unha actuación sen a outra queda colla». Así mesmo, están a realizarse colectas para recadar fondos. Ademais, o párroco falou da posibilidade de recuperar o culto na capela para a próxima festividade de san Bernardo, no verán. En canto ás obras de rehabilitación, o alcalde engadiu que traballarán en buscar mecanismos de colaboración para acometelas.