Ribeira ao fin contou co ansiado centro de día

La Voz

BARBANZA

SIMÓN BALVÍS

Trátase dun servizo dirixido a persoas que sofren alzhéimer

27 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Tal día como hoxe do 2010 entraba en funcionamento en Ribeira un centro de día destinado a enfermos de alzhéimer, un servizo ansiado e demandado que chega despois de tres anos de espera. Talvez por iso, a súa posta en marcha non incluíu acto de inauguración, só a entrada dos tres primeiros usuarios, unha cifra que foi en aumento nas xornadas posteriores, ata que se completaron a trintena de prazas dispoñibles.

Púñase así fin a un rosario de reclamacións, entre as que destacou un intento de crear unha plataforma veciñal para presionar á Xunta. O local fora acondicionado por Caixa Galicia para o seu funcionamento como centro social, pero foi cedido despois á Administración autonómica, que lle deu o fin que ten a día de hoxe.

A finais do 2015, o servizo completouse cunha aula terapéutica que Agadea puxo en marcha para traballar o ámbito da estimulación. Sobre a mesa está, desde hai xa tempo, a reivindicación dun gran centro de día que de cabida a todos os maiores que o necesiten.