Cóctel sonoro con catros grupos, dúas charangas e un disyóquey

La Voz

BARBANZA

Sandra Alonso

Este ano haberá un primeiro concerto ás 13.00 horas con Versus

27 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Sábado • Praia de Broña (Outes) • 13.00 e 23.45 horas • Moi longa e intensa preséntase a noite do sábado en Outes, onde terá lugar unha nova edición do Amañecer Musical de Broña, un festival que chega con novidades. E é que a música xa empezará a caldear o ambiente na praia de Outes ás 13.00 horas. Ao escenario saltará Versus, o grupo formado por Thais Rudiño, finalista do programa A voz, e Loren Tevra.

Ambos forman parte tamén de Eléctrica, a banda coa que arrincarán os concertos nocturnos. Xunto a eles estarán Richi (Golpe Radikal) e Anxo Ramallo (Desaloxo). E tras eles tomará a vez Ruxe Ruxe, unha banda de Compostela que combina o rock cos sons tradicionais galegos. Exit, unha formación cun repertorio de versións de rock, completa o groso dun cartel con máis nomes propios. E é que as charangas V-K Pinta e Festicultores encargaranse de que o ambiente non decaia en cada cambio de grupo, mentres que un disyóquey será o encargado de garantir que a festa se prolongue ata altas horas da madrugada. Para facer honra á denominación do festival, este non pode concluír antes do amencer.