A corporación da Pobra acordou solicitar a retirada dos postes que invaden as vías

Ribeira / La Voz

BARBANZA

Tratábase dunha proposta impulsada polo BNG

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A corporación pobrense aprobou unha iniciativa do BNG para solicitar ás empresas de telefonía e electricidade a retirada dos postes que invaden as vías públicas. O Concello encargou a elaboración dun informe para detectar todos os puntos conflitivos e evitar que estas estruturas constitúan un obstáculo para o paso de peóns ou automobilistas.

Así mesmo, na sesión, celebrada o xoves, os edís acordaron reclamar a Política Social que asegure a atención pública a usuarios de todas as idades do Centro de Atención á Discapacidade. A iniciativa sobre este asunto partiu do PP, pero a súa moción foi rexeitada e, no seu lugar, votouse unha emenda consensuada por Nós Pobra e BNG.

Si se aprobou unha proposta dos populares para tomar medidas que eviten os malos cheiros da rede de sumidoiros.