A Policía Local denunciou a un boirense por conducir baixo os efectos do cannabis

Ribeira / La Voz

BARBANZA

CEDIDA

O coche estaba aparcado en dobre fila diante do centro social

28 abr 2017 . Actualizado ás 19:52 h.

A Policía Local de Boiro denunciou onte a un condutor por un positivo en cannabis. Os axentes atoparon ao vehículo, un Volkswagen Passat, estacionado en carga e descarga na rúa Manuel María. Antes de que os policías lle desen o alto, o coche moveuse ata o centro social, onde quedou detido en dobre fila. Foi aí cando os axentes entrevistaron o condutor, veciño da localidade e nato en 1970, ao que, tras percibir un posible consumo de drogas, pedíronlle que os acompañase ata a sede municipal, onde se realizou próbaa pertinente. A mesma deu un resultado positivo de consumo de cannabis, o que obrigou aos axentes a denunciar ao boirense.