Multitudinario adeus ao alcalde de Muros Xosé Lago Hermida

La Voz

BARBANZA

O socialista gobernou durante 13 anos

28 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

HLa vila de Muros envorcouse en abril de 1996 para brindar un multitudinario adeus ao ata entón alcalde Xosé Lago Hermida. Así o recollía La Voz tal día como hoxe, logo de tres xornadas de loito oficial pola morte do rexedor, quen falecía aos seus 55 anos por mor dun accidente de tráfico cando paseaba en bicicleta. Ao funeral acudiron preto dun milleiro de persoas que abarrotaron o templo para asistir aos oficios relixiosos.

Ademais de veciños e familiares, na igrexa déronse cita representantes de todos os órganos socialistas da comarca, entre outras autoridades que coincidiron en recoñecer a gran reforma que o mandatario levou a cabo na vila muradá ao longo dos seus 13 anos de xestión.

De feito, durante a celebración do acto relixioso a práctica totalidade dos establecementos comerciais e hostaleiros da vila permaneceron pechados.