Estrea musical

La Voz

BARBANZA

Aida Saco presentou o seu disco Metamorfoses

27 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Ten 19 anos, pero a rianxeira Aida Saco Beiroa xa incluíu ao seu currículo o seu primeiro traballo discográfico. Preséntase como Metamorfoses e foi presentado fai uns días no Espazo Lector Nobel de Boiro. O público tivo ocasión de escoitar algúns dos temas que compoñen este traballo, cualificado pola súa autora como «un proxecto que busca recrear unha viaxe existencial e máxica», acompañados en ocasións por poemas. A responsable da librería, Rosa Tubío, exerceu de presentadora.