Unha xornada moi literaria

La Voz

BARBANZA

Ribeira celebrou o Día do Libro con contos

26 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Ribeira conmemorou o Día do Libro cunha proposta dobre. Por unha banda, unha trintena de raparigos asistiron ao espectáculo Cantamos un conto na biblioteca, de Luis Vallecillo. De forma paralela, no marco da campaña Libros para sermos libres promovida pola Deputación coruñesa, repartíronse uns 3.000 libros entre os veciños que acudiron ao Lustres Rivas. Entre os volumes que levaron ás súas casas os ribeirenses figuraban títulos de autores locais como Manuel Lustres Rivas, Xosé Antonio Ventoso Mariño e Ignacio Lens.