O Centro Cultural Vicente Vidal apúntase aos «seráns»

La Voz

BARBANZA

Os da Boina son ya conocidos en las romerías de Leiro.
Dávos Boina son xa coñecidos nas romarías de Leiro. D. G.

Dávos Boina, Os Pericos e Restreba serán algúns dos grupos que participen

11 may 2016 . Actualizado ás 05:00 h.

Sábado.?Desde as 12.00 horas.?Rianxo.?O Centro Cultural Vicente Vidal apuntouse aos seráns e estrea a tempada cunha cita que terá lugar este sábado, se o tempo non o impide, na parroquia de Leiro. A xornada arrincará pola mañá, con varios grupos xa confirmados que incitarán ao baile a partir das doce, entre os que están Dávos Boina, Os Pericos, Restreba, Vai de Coña, A Muller do Jaiteiro e Os Sen Nome. Media hora máis tarde, haberá un acto en homenaxe a Manuel María.

Para recargar as pilas, ao mediodía ofrecerase unha comida con «prezos anticrise», onde non faltarán os mexillóns, o polbo, os callos e o churrasco, todo iso regado con viño da terra.

A partir das catro, o encontro popular contará cunha batería de xogos tradicionais (carreiras de sacos e ovos, chave, ra, tiro de corda...) e con inchables para os máis pequenos. O serán retomarase a partir das sete e, unha hora máis tarde, os asistentes poderán gozar dunha queimada. O actor Nacho Castro, da serie Urxencia Cero, será o encargado de realizar o conxuro.

A cita, na que colabora o Concello e os bares Abuín e A Veliña, está aberta a todo o público, socios e non socios, do centro cultural rianxeiro.