Unha folga suprime mañá nove trens en Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

A medida, promovida polo sindicato CXT, pretende denunciar a precariedade laboral dos traballadores de Renfe e Adif

27 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Mañá está convocada unha folga en Renfe e o Adif. Co gallo dese paro, co que o sindicato CXT pretende denunciar a precariedade laboral dos traballadores destas entidades, o horario habitual de trens verase trastornado. Así, suprimíronse as frecuencias das 10.55, 11.50, 14.33, 18.36 e 22.41 procedentes de Santiago, así como os trens que saían rumbo á capital galega ás 11.45, ás 12, ás 15.20 e ás 20.44 horas. Desde o sindicato CXT denunciábase onte a «irresponsabilidade de Renfe e Adif, que ata o de agora non informou nin aos viaxeiros nin aos seus traballadores de intervención e venta de billetes dos trens suprimidos en Galicia». Desde a CXT tamén consideran «abusivos» os servizos mínimos que estarán en funcionamento, polo que «os nosos servizos xurídicos van emprender accións xudiciais» por esta cuestión.