Vilagarcía, unha cidade de cine grazas a Ádega

r. e.

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

O domingo ás nove da noite haberá un concerto de Aló Django que terá lugar na rúa Valentín Viqueira

26 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Do domingo 30 ao venres 4 de agosto • O Cine Club Ádega volveu a pór toda a carne no asador para organizar a semana de cine que arrincará este domingo en Vilagarcía. Para inaugurar seis días de proxeccións e actividades relacionadas coa sétima arte, programaron un concerto de Aló Django que terá lugar na rúa Valentín Viqueira o domingo ás nove da noite. Hora e media despois chegará unha curiosa proposta: Ou cine ambulante do señor Lili, «un proxecto de recuperación, restauración e exhibición de películas en formato 8mm e Súper8».

Tras esta espectacular entrada, a programación non decae. Durante toda unha semana haberá encontros con cineastas como Mario Iglesias , David Hernández, Alberto Vázquez ou Olga Osorio. Haberá tamén un taller de cine sobre como compor un plano. E haberá, por suposto, proxeccións de películas como «Paterson», «Forushande», «Psiconautas; os nenos esquecidos»...

Un maratón fotográfico completará un programa que desembocará, o venres ás once e media da noite, nun concerto na rúa Romero Ortiz. Neste caso, a música correrá a cargo do grupo Space Flipper. A eles tócalles despedir unha semana de cine.