O equipo de Villanueva gaña as eleccións na confraría de Carril

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

Obtivo todos os representantes do sector dos parquistas

27 may 2017 . Actualizado ás 22:22 h.

A candidatura de José Luis Villanueva gañou as eleccións que hoxe se celebraron na confraría de Carril. Segundo transcendeu, a lista do ex patrón maior obtivo todas as vocalías correspondentes ao sector dos parquistas, ademais de amplos apoios no resto de sectores. Desta forma, parece claro que Villanueva recuperará en breve o cargo de patrón maior do que se viu apartado hai unhas semanas, tras a dimisión de máis da metade da xunta xeral do depósito.

Estes foron os resultados por sectores, segundo os datos provisionais falicitados pola Consellería do Mar. No de armadores de parques de cultivo e pesca de baixura elixíronse once vocais. Os máis botados foron Juan Carlos Abuín  (89), Alfonso Barreiro (88), Javier Barreiro (88), Javier Cambre (88), Lourdes Díaz Diz (88), Javier Quintáns (90), Olga Santiago (87), Ramón Trigo (88), José Luis Villanueva (88), Antonio Pesado Romay (88). 

En marisqueo á boia, o único vocal será Ricardo García Muñiz (16).

No capítulo de marisqueo a pé, os vogais serán Benilde Bouzón (30), José Ramón Carballo (35), Agueda Domínguez (33), Rosa García (33), María Jesús González (32), Giovanna González (26), José Esteban Pomares (37), Aurora Villanueva Vicente (29) e Rosa Villanueva (28).

Para rematar, no capítulo de tripulantes, as vocalías foron para María del Pilar Acosta (19) e Carlos Berride (19).