En liberdade uno dos arousáns detidos na operación contra o clan dos Boyacos

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A comezos de mes, o Xulgado de Instrución número 4 de Vigo propinaba un duro golpe ao clan colombiano dos Boyacos, coa detención de 27 persoas nunha operación que se denominou Terrón Dulce . Entre eles figuraban dous individuos oriúndos da comarca do Salnés, con domicilio en Vilagarcía e Ribadumia, aos que se atribuía a intención de axudar á organización colombiana a asentarse en Galicia.

O xuíz acaba de aceptar o recurso presentado polo penalista vilagarcián Ramón Montenegro, en representación de José Meaño Cores. O ribadumiense quedou en situación de liberdade provisional á espera de xuízo, tras pagar unha fianza de 10.000 euros. A detención, sostén o avogado, que pedirá a súa absolución, «foi desproporcionada e carente de base obxectiva».