«A música non é solo diversión, tamén pode ser pan para os que a fan»

m. santaló

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

O técnico musical impartirá o primeiro dos cursos de profesionalización musical que se celebrarán durante a fin de semana

28 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe, mañá e pasado • Locais de Ensaio de Vilagarcía • Gratuíto • «Non é solo diversión, tamén é pan». O técnico musical Diego Basadre sintetiza, con esta frase, a idea sobre a música que quere estender en Vilagarcía. «A cultura está moi denostada a pesar de que é un motor da economía brutal. Indirectamente, repercute no sector servizos, paréceme indiscutíbel negar que tanto os concertos como outro tipo de artes atraen xente aos lugares onde se levan a cabo», continúa para explicar os motivos que dan peso a «Achégate aos locais», os cursos de profesionalización musical que se impartirán durante a fin de semana. Basadre será o encargado de dar o pistoletazo de saída, hoxe ás 20.00 horas, cunha sesión na que explicará como levar a cabo un ensaio e dar a coñecer os locais que se habilitaron en Vilagarcía para iso. «Temas como a seguridade auditiva son fundamentais», adianta sobre unha primeira lección á que proseguirá unha Jam Sessión na Peixería.

Ademais de tratar diversos aspectos vinculados coa profesionalización musical e «quitar uns cantos anos de darte golpes contra a parede», a actividade ten un obxectivo claro: crear un circuíto que faga de Vilagarcía un referente musical. Por iso, ao talento existente (e ao que se lle quere dar a oportunidade de profesionalizarse e de contactar con outras persoas do sector) queren sumar ás novas xeracións, de forma que «se cree unha canteira de músicos». De aí, unha das dúas sesións que terá lugar mañá ás 11.00 horas. «Achegamento a música moderna» busca, explica Basadre, atraer aos máis pequenos. «Son como esponxas», asegura sobre unhas idades nas que «é sorprende as preguntas que fan».