EU reclama beirarrúas na contorna do acceso á Torre

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Esquerda Unida alerta sobre o perigo do tramo entre López Balleteros e o viaduto do tren

25 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O anuncio da ampliación do acceso á Torre (Vilagarcía) debería ir acompañado, segundo o portavoz de Esquerda Unida, Jesús López, por un proxecto para dotar de beirarrúas a esa zona. «Se ancheamos e non habilitamos zonas de paso peonil, podemos facer incluso máis perigoso o tramo, por exemplo, polo incremento de velocidades», din vía comunicado. Por outra banda, EU reclama tamén que se dote de beirarrúas o traxecto que discorre entre a rúa López Ballesteros e o viaduto do tren, un tramo «moi conflitivo e de risco que non se ten en conta no plan de actuación do equipo de Varela». Ao alcalde suxírelle López que «teña en conta todas as necesidades do barrio».