Angela Brown encabeza o segundo cartel de Vilablues

VILAGARCÍA DE AROUSA

As rúas de Vilagarcía encheranse de novo coa mellor música entre o 7 e o 9 de xullo

23 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Quinces días antes que o pasado ano chegará a Vilagarcía a segunda edición do Vilablubes. O festival que tanto éxito cultivou o pasado ano se adiante para poder entrar no calendario estatal deste xénero. Entre o 7 e o 9 de xullo, as rúas da cidade encheranse da mellor música en directo de divas con Angela Brown.

Máis de cinco mil persoas presenciaron os concertos da primeira edición deste festival. E o Concello aspira a repetir estas cifras. Para iso buscou artistas de primeiro nivel, como Angela Brown. Nada en Chicago, esta artista comezou a súa carreira cantando góspel en igrexas e escolas. Nos 80 foi membro da Erwin Helfer & The Chicago All Stars, con quen fixo a súa primeira xira por Europa. É coñecida como a Bessie Smith dos 80 e os vilagarciáns poderán gozar este verán da súa poderosa voz.

Os próximos 7, 8 e 9 de xullo • Diversas rúas do centro de Vilagarcía • Entrada libre e gratuíta •