Meteogalicia rexistrou medio milleiro de raios sobre as Rias Baixas

Alfredo López Penide
l. penide PONTEVEDRA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

O epicentro dos mesmos localizouse na comarca do Umia

21 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Moi poucos se agardaban a tormenta eléctrica que rexistraron as Rías Baixas durante a noite de onte. Aínda que as luces dos raios iluminaron Pontevedra e Vilagarcía, creando unha certa miraxe de proximidade, o certo é que o epicentro dos mesmos localizouse a varias decenas de quilómetros cara ao interior da provincia, na comarca do Umia.

Os municipios de Moraña, Caldas e, en menor medida, Cuntis foron os puntos xeográficos onde, segundo recolle a web de Meteogalicia, contabilizáronse o maior número de lóstregos. Iso si, de igual modo, tamén se tivo constancia de impactos noutros concellos pontevedreses, caso dos de Vilagarcía, Ribadumia, A Estrada ou Campo Lameiro, así como no norte do veciño Portugal.