Unha iniciativa que aposta polo talento musical

m. santaló

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

Crean en Vilagarcía un conxunto de talleres sobre a profesionalización musical

13 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

28, 29 e 30 de abril • Locais de ensaio de Vilagarcía • Gratuíto • Co dobre obxectivo de que se dea a coñecer o talento musical de moitos mozos e de que se coñezan entre si para aproveitar posibles oportunidades, xorde a primeira edición de «Achégate ao local», un conxunto de talleres sobre a profesionalización musical. «Queremos que Vilagarcía sexa o xerme de novos talentos», sinalou onte a concelleira Sonia Outón sobre a iniciativa de Xuventude.

A actividade estará composta por once acciones formativas que buscan ofrecer aos participantes toda aquela información que lles poida ser de utilidade. «Abarcamos todo ou proceso», indica Diego Basadre, que se encargará dalgún dos cursos. Por exemplo, do de gravación de maquetas e demos. Juan Pérez-Fajardo desenvolverá o de fotografía musical. A inscrición é gratuíta ata completar capacidade, motivo polo cal convén contactar previamente con Xuventude.