A xuízo por ir polo Grove cargada de pastillas e papelinas

La Voz O Grove / LA VOZ

O Grove

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Eran as dez e media da mañá do 10 de xaneiro do ano pasado. Unha muller, sen antecedentes penais, era sorprendida na avenida de Portugal, no Grove, pola Garda Civil. No interior dunha pitillera, e distribuídas polas súas pezas de vestir, os axentes atoparon nove papelinas de heroína e tres de cocaína, ademais de 72 comprimidos de Trankimazín dun gramo, e outros catro de dous, xunto a 155 euros en metálico. O fiscal pide para ela catro anos de cárcere por tráfico de drogas.