Meis está pendente de patrimonio para obrar na capela de Mosteiro

meis / a voz

MEIS

O alcalde asegura que a licenza se resolverá en breve

25 feb 2016 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Meis está á espera de recibir o informe de Patrimonio para poder autorizar as obras de restauración da capela románica de Mosteiro. Explica o alcalde, José Luis Pérez Estévez, que o municipio está a desexar comezar con estes traballos, pero que a tramitación das autorizacións estase demorando máis do previsto inicialmente. Ese é o motivo de que, ata o momento, non teña podido autorizar a reforma prevista pola Deputación de Pontevedra. «Queremos agradecer a boa vontade da Deputación, coa que firmamos unha modificación do convenio», argumenta o rexedor.

Pérez Estévez argumenta que unha dos últimos requisitos que Patrimonio puxo pasan por incorporar a un restaurador a este proxecto de obras. «Ata o de agora non o pediran nunca», sostén. Todo iso atrasou notablemente o inicio da obra, pero o alcalde confía en que todas as autorizacións estean listas en breve. «A resolución de todo isto está moi próximas», conclúe.