Cambados, en feminino.

La Voz

CAMBADOS

CEDIDA

Esta xa é unha cita obrigada

23 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Setenta mulleres de todas as idades se volveron a dar cita un ano máis nas instalacións de Choiva, e van catro, para darse unha homenaxe en feminino. Polbo, carne asada, empanada e espetadas compuñan o menú, aínda que o mellor da xornada era a boa compaña. O tempo foi benigno e para sufocar as calores, había piscina na que refrescarse.