O colexio de San Tomei está cheo de valentes.

La Voz

CAMBADOS

MARTINA MISER

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Os alumnos do colexio San Tomei (Cambados) sumáronse onte á campaña «Búscanse valentes» contra o acoso escolar. Os rapaces, sabedores de que ían gravar un vídeo, vestíronse para a ocasión. E demostraron diante das cámaras que teñen a lección contra os malos tratos ben aprendida.

a illa

Ruxe Ruxe

Hoxe • 22.30 horas • Con do Moucho • O rock aguerrido de hechuras máis ou menos clásicas cun inquebrantable compromiso co idioma de Ruxe Ruxe chega hoxe a Illa. Seguro que demostrarán por que levan xa vinte anos sobre os escenarios.

CAMBADOS

Talleres

O Concello de Cambados informa que se amplía unha semana máis o prazo de inscrición para os talleres de primeiros auxilios impartidos por Cruz Vermella e de que continúa aberto o prazo para «Querote+», no que se tratarán a imaxe corporal e a autoestima (23 de maio) e a ciberseguridad (25 de maio).

Vilanova

Festival benéfico

Mañá • 18.00 horas • Pavillón • A escola de baile Paula e Jordi organizan un festival benéfico de baile e zumba a favor de Solidaridade Galega co pobo saharauí.

Vilagarcía

Bluedays

Hoxe • 12.00 horas • Miúdo • Gratuíto • Sesión vermú da banda valisoletana creada fai vinte anos por catro músicos de longo percorrido no ámbito do soul e o blues. Son unha banda creada por e para o directo, formada por músicos profesionais e rodada por salas e festivais de todos os tamaños e lugares.

Valga

Concerto

Hoxe • 21.00 horas • Auditorio • Gratuíto • A Banda Peque e Xoven de Valga e a Banda de Música Municipal de Caldas ofrecen hoxe un concerto conxunto, que seguro que será todo un éxito. Ambas as contos con verdadeiros talentos musicais á fronte.