Herdeiros dá Crus celebran os seus 25 anos en Cambados

CAMBADOS

ANA GARCÍA

A mítica banda de Ribeira actuará en Fefiñáns o 5 de agosto

23 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

5 de agosto • Praza de Fefiñáns (Cambados) • Cambados confirmou onte, de forma oficial, que os Herdeiros dá Crus serán un dos grupos que actuarán durante a próxima Festa do Albariño. O grupo inicia a principios de xullo unha xira na que repasará o mellor da súa longa carreira musical, cun espectáculo completamente renovado que busca festexar os seus 25 anos de historia. Este tour pretende recalar en festas populares da comunidade nas que o grupo nunca actuara, como a de Cambados. Unha oportunidade para gozar da súa música.