O rock dos lendarios The Waterboys soará en Cambados

CAMBADOS

RAMON LEIRO

A banda británica fará soar os seus grandes éxitos e o seu último traballo, «Modern Blues»

13 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Viernes 4 de agosto • Plaza de Fefiñáns (Cambados) • Entrada libre • Talvez o título The whole of de moon non lle diga nada a algúns, pero en cando empezan a soar os acordes deste tema, todo aquel que peitea os corenta regresará aos anos dourados das discotecas, os oitenta e noventa, cando The Waterboys triunfaba en España e en Europa. Ben entrado o século XXI, a banda británica liderada por Mike Scott estará en Cambados, protagonizando un dos pratos fortes do cartel da Festa do Albariño.

É a primeira actuación que transcende dun programa que aínda está sen pechar. O goberno local está sopesando varias posibilidades para dar o maior realce posible á sesenta e cinco edición da festa, que coincide co nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017. Ademais do albariño, outro dos reclamos da festa é a música, e todo apunta a que The Waterboys vai atraer a moitos nostálxicos do bo rock e a quen gustan do funky do seu último traballo Modern Blues.