Encontros en feminino para aprender e pasalo ben

CAMBADOS

MONICA IRAGO

Un grupo de mulleres reúnense para cantar, charlar e conversar co pretexto de tomarse unhas cañas

12 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Los jueves • 20.30 horas • Bar de Lupe (Cambados) • Acceso libre • Primeiro ían ser os «Xoves de mozas» pero finalmente déronse en chamar os «Xoves culturais». Porque mozas hai, pero cultura tampouco falta. Charlas, música, lecturas, catas..., todo isto e máis cabe nas reunións que se organizan cada xoves -mañá descansan- no bar de Lupe. No Facebook que Montse González Vilas -a promotora do invento- envioulle a Roberto Vilar para invitalo a achegarse por Cambados falábase de «un grupo de trinta mulleres de máis de cincuenta anos»; pero o proxecto hase liberado de corpiños e nel cabe todo aquel, sexa home ou muller e independentemente da idade, que queira gozar de boa compaña ao redor dunha cana ou un viño e, de paso, ampliar coñecementos. Que hai que cantar con Juan Silva, cántase, e se hai que recitar poesía, lese.

«Imos organizar os xoves en función do que queira a xente, o obxectivo é pasalo ben. É como estar na casa, Lupe pon as tortillas, eu os mexillóns e outra que traia o postre», explica Montse. A partir de aí, a improvisar, e se deixásese caer por alí a estrela de Land Rober, festa non ía faltar.