Entregan ao refuxio de Cambados un gatito con graves queimaduras

Bea Costa
Bea Costa CAMBADOS

AROUSA

cedida

O animal se debate entre a vida e a morte e a protectora non descarta que as feridas puidesen ter sido provocadas

21 jul 2017 . Actualizado ás 18:10 h.

O refuxio de Cambados distribuíu a través das redes sociais unha imaxe estarrecedora, a dun gatito queimado nas extremidades e parte do abdome que lles foi entregado por uns turistas que o localizaron na parroquia de Castrelo na tarde de onte. O animal está moi grave e se debate entre a vida e a morte na clínica do propio refuxio. Sobre as causas que motivaron este deplorable estado do gato, non hai certezas. As queimaduras poderían ter sido causadas de forma accidental aínda que desde a protectora non descartan a hipótese de que fosen provocadas.