Nove bateis do Salnés ansían voltar de Sestao coma campións

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

A tripulación infantl do C.R. Vilaxoán parte coma principal baza non Campionato de España tras ou seu título galego

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Cinco tripulacións do Club de Remo Vilaxoán, tres do C.R. Mecos-Mondariz, e unha do Amegrove C.R. Con nove barcos se presenta esta fin de semana o remo do sur da ría de Arousa no Campionato de España de Bateis que se disputa en Sestao. Cos cinco clasificados entre os dous mellores das súas respectivas categorías no Campionato Galego de Moaña o pasado domingo, e outros catro repescados polas renuncias doutras comunidades autónomas.

O batel infantil do C.R. Vilaxoán é o máximo aspirante a voltar de Sestao co título estatal, na súa condición de gran dominador da tempada na Territorial Sur, e de vixente campión galego. O club vilagarcián presenta candidatura en catro das cinco categorías de base, promesas e xuvenil femininas, e infantil e cadete masculinas, sendo a xuvenil masculina a única das sete nas que non haberá representación do sur de Arousa.

Entre os seus rivais de partida, o C.R. Vilaxoán atopará o C.R. Mecos na categoría infantil, e mais na absoluta feminina. Esta última, coa tripulación grovense coma subcampioa galega, como a súa par nunha absoluta masculina na que compite tamén o único batel do Amegrove C.R. en augas de Sestao.

As eliminatorias comezan esta tarde ás 16 horas, con dúas quendas por categoría nas que se clasifican os dous primeiros de cada unha e o terceiro mellor tempo. As finais B están programadas para mañá ás 10 da mañá, e as regatas polos títulos desde as 11.30.