Manu Santos: «Colapsamos o seu ataque»

La Voz

AROUSA

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

«En xeral, fixemos un bo partido. Facendo o que tiñamos que facer, con poucos erros grandes e cos nosos xogadores metidos no partido. Tivemos un nivel defensivo moi bo, colapsamos o seu ataque. Fixemos un bo partido atrás, sen estar brillantes diante. Coa nosa defensa e o rebote deixámolos en 70 puntos». Así resumía onte o adestrador do Cambados 2017, Manu Santos, a súa visión do 1-0 no cruzamento co Morón. «Estou moi contento por ver aos meus xogadores gozar. E é a primeira vitoria na historia o club nuns play-offs». Santos destacou tamén o gran ambiente na bancada unha vez máis. E sobre o seguinte partido, mañá domingo, destacou que «hai que ir a matar», e corrixir «algunha cousa», como certos descoidos no balance.