«Cando se pensa e defínese un viño non se pensa no sexo das persoas»

Maruxa Alfonso Laya
m. alfonso VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

A enóloga aposta por seguir traballando para que o sector vínícola sexa tamén «un mundo de mulleres»

25 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Paula Fandiño é a enóloga responsable de Mar de Frades, e tamén una das mellores profesionais do seu campo, segundo recolle a web británica The Drink Bussines. Recoñece que o seu é aínda un mundo de homes, pero cre que cada vez máis as mulleres están atopando o seu oco. O sector estase modernizando, tamén, para acabar con ese elitismo que lle impedía achegarse a certos consumidores.

-Cal é o traballo dunha enóloga?

-Pois temos que ter control sobre o viño e a botella durante todo o ano. É importante en agosto o embotellado, pero tamén a ensamblaxe e a fermentación despois da vendima. Ao longo do ano, facemos cata diaria de todos os viños co fin de saber diferenciar que viños pódense ensamblar perfectamente para lograr ese coupage que é Mar de Frades.

-Mar de Frades foi unha das primeiras en elaborar espumosos ao amparo de Rías Baixas.

-Fomos buscando a forma de experimentar con esta variedade. Empezamos no 2009 a elixir un viño basee, co que despois elaboramos no 2012 os primeiros espumosos que pasaron cata en Rías Baixas e que chegaron ao mercado.

-A experiencia foi boa, xa recolleron algún premio.

-Podemos dicir que acabamos de empezar e que nestes cinco anos aprendemos moito. As nosas sorpresa é que xa tivemos recoñecementos e que estamos a exportar. Os espumosos en xeral están a subir e teñen moita aceptación entre o público novo e iso axudou a que variedades aromáticas como o albariño encaixen nestes viños. Pero seguimos investigando. Agora estamos estudando a burbulla, a espuma, como conseguir ter unha fina capa de espuma que baixe rapidamente.

-Este ano foi recoñecida como unha das mellores enólogas.

-Foi unha satisfacción e un recoñecemento, pero tamén unha responsabilidade. Unha proba de que o noso viño segue estando á altura do que se agardaba.

-É difícil para as mulleres facerse un oco na súa profesión?

-Eu creo que hai parte do camiño andado. A accesibilidade é maior, pero queda seguir traballando e abrindo camiño para que en vinte anos poidamos REVISAR dicir que este é tamén un mundo de mulleres.

-Pero séguese falando de viños para mulleres?

-Xa cando se pensa en elaborar un viño non pensamos nun para mulleres, máis que nada porque non llo beben só mulleres ou só homes. Cando se perfila e defínese un viño non se pensa no sexo das persoas, pensas na globalidad.

-Aínda así, segue habendo certo machismo, como o de ofrecer a carta de viños sempre aos homes.

-Hai de todo. Si que é certo que case sempre lla ofrecen ao mozo, pero tamén notamos que iso está a cambiar. Como consumidora, atópome con que, polo menos, a metade das veces preguntan e iso xa é un logro.

-Conserva tamén este sector algo de elitismo.

-Nos últimos anos habemos visto que apareceron moitos viños e que lle deron a volta a outros máis antigos na súa presentación e nas súas etiquetas. Fixéronse modernos e transgresores e ese é o primeiro paso para que ese mundo elitista do viño háxase roto e achegámonos ao consumidor. Avanzouse moito e cada vez máis se está perdendo o medo a pedir un viño porque non sabe.

-Foron os primeiros en dar ese paso, cunha botella azul.

-Iso foi un atrevemento e foi moi criticado. Que se a botella non era a adecuada, que se non había viño... pero axudounos a que se nos coñeza, a que se acorden de nós. Se non tes un bo contido, de nada serve ter unha botella azul.