O Piñeiriño

La Voz

AROUSA

foto M. Santaló

Péquelos celebraron a natureza na praza de Galicia

08 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Piñeiriño entre plantas. Tres grupos do colexio O Piñeiriño acudiron á praza de Galicia para realizar unha actividade dentro do proxecto «Piñeiriño, naturalmente», que quere implicar aos alumnos con toda a masa viva do centro. Realizaron xogos entre eles, á vez que animaban á xente que pasaba pola praza. O xogo da memoria con fichas das distintas plantas que teñen no xardín do centro foi un dos que máis éxito tivo. Tamén cantaron.