Achan morta no seu cuarto de baño a unha muller en Mondoñedo

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

MONDOÑEDO

A vítima, unha mestra xubilada, quedara cun parente para levala ao hospital, onde estaba ingresado o seu esposo

25 sep 2016 . Actualizado ás 05:00 h.

Efectivos do parque de bombeiros de Barreiros tiveron que desprazarse onte pola mañá a Mondoñedo para acceder a un terceiro piso do edificio situado no número 16 da avenida Buenos Aires desta localidade, onde se localizou tirada no chan do cuarto de baño a unha muller de 80 anos que non respondía á chamada dos seus familiares.

Segundo fontes consultadas, a vítima, unha mestra xubilada, quedara cun parente en que este a recollería na porta do edificio ás dez da mañá para levala ao hospital, onde estaba ingresado o seu esposo. Pero, cando o familiar chegou a buscala, non estaba e, ao ver que non baixaba e tampouco respondía, deu a voz de alerta. Intentaron entrar, utilizando incluso unha chave da casa que tiña outra persoa, pero non foron capaces de abrir a porta xa que pechara por dentro. Tiveron que acudir os bombeiros.