O viveirense Christian seguirá sendo un dos motores do Noia

La Voz

A MariÑA

MARCOS CREO

O exjugador do Porto Celeiro e o Burela cumprirá a súa cuarta campaña nas filas do equipo noiés, ascendido a Segunda División

27 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Christian Chao, o xogador viveirense que pasou polo Porto Celeiro e o Burela, cumprirá a súa cuarta tempada no Noia FS, recentemente ascendido a Segunda División. «Estou moi contento (...) Será un ano complicado no que todos teremos que dar un plus para adaptarnos rapidamente ao ritmo de competición da nova categoría», sinalou en declaracións á web do club.