Amplo dispositivo por unha alerta dun particular por verteduras en Arealonga, Barreiros

La Voz BARREIROS / LA VOZ

A MariÑA

CEDIDA

A depuradora de San Miguel non pode tratar os residuos

27 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

As verteduras de augas fecais á praia de Arealonga, en Barreiros, pola incapacidade da depuradora de San Miguel para tratar os residuos seguen sendo noticia. O luns un particular alertou ao 112 ao ver como os residuos saían polos aliviadoiros, ao estar colmatado o depósito da depuradora. Desde os servizos de Urxencia púxose en marcha un amplo dispositivo, alertando á Garda Civil e aos bombeiros, que acudiron para comprobar que, en efecto, eran augas fecais as que se vertían. Diso informouse á Xunta, que o mesmo día, o luns, pola noite, enviou técnicos para comprobar a magnitude da vertedura. Onte volveron facelo, segundo explicou o alcalde barreirense, Alfonso Fuente: «A depuradora está funcionando, pero en momentos é insuficiente, como pasou o luns e ao obstruírse na entrada verquíu polo aliviadero».

«A depuradora está depurando -insistió el alcalde-, pero en momentos puntuais ten moita carga. Así o comprobaron os técnicos da Xunta. Eu non ocultei nunca este problema e estamos xestionando que a Xunta faga unha nova», engadiu o rexedor barreirense.

Moción na Deputación

En relación coas verteduras en Arealonga, o pleno da Deputación de Lugo aprobou onte unha moción, cos votos do equipo de goberno e o voto de calidade do presidente, Darío Campos, instando a Xunta de Galicia a que aplique as medidas de control pertinentes desde a súa responsabilidade ambiental e sanitaria na Zona de Especial Conservación As Catedrais, que inclúe a zona limítrofe de Arealonga, «así como a que impulse vos investimentos necesarios para rematar con esta grave situación». «A Xunta de Galicia ten a obriga legal do control ambiental», di a Deputación.