Pelayo chega ao Viveiro desde do San Claudio ovetense como reforzo para a medular

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

CEDIDA

O novo xogador viveirista declarouse «ilusionado» e «motivado» para triunfar en Cantarrana: «Defender este escudo implica unha gran responsabilidade. O Viveiro é un histórico do fútbol galego»

27 jun 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Xa son catro as fichaxes pechadas polo Viveiro CF para a súa nova tempada no grupo norte de Preferente. Tras Luis Varela (Valadouro), Xesús (San Ciprián) e o meta Trullo (Xove Lago), ao equipo celeste incorpórase como reforzo o centrocampista asturiano Pelayo Barrero (Mieres, 1992).

Procedente do San Claudio ovetense, da Preferente astur, o novo xogador viveirista declarouse «ilusionado» e «motivado» para triunfar en Cantarrana. «Defender este escudo implica unha gran responsabilidade. O Viveiro é un histórico do fútbol galego», razoou o exfutbolista do Santiago de Aller e Juvencia, entre outros. «Oxalá poidamos REVISAR loitar por subir a Terceira», sentenciou.