Concentración polo obreiro falecido días atrás en Alcoa

s. c. / d. g. SAN CIPRIÁN / LA VOZ

A MariÑA

Tivo lugar onte ao mediodía ante a auxiliar, Reymogasa

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Onte ao mediodía, ao redor das dúas da tarde, tivo lugar a anunciada concentración por J.M.C.P., de 55 anos e natural do Valadouro, o traballador falecido días atrás nas instalacións de Alcoa San Ciprián, concretamente o pasado 11 de abril. Foi ante a auxiliar, Reymogasa. Participaron numerosos compañeiros e traballadores do falecido. Ante eles unha pancarta en branco sen máis lema que un crespón negro en sinal de loito polo compañeiro falecido.

J.M.C.P. era moi coñecido e apreciado no Valadouro, vinculado tamén ao mundo do fútbol local. Realizaba tarefas de mantemento en Alcoa cando tivo lugar o fatal accidente.