A alcaldesa de Viveiro empraza a Portos a concretar cando prevé transvasar area en Covas

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

Poderían comezar en setembro

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, empraza a Portos de Galicia a aclarar cando prevé transvasar area para remediar a deterioración da praia de Covas. A rexedora pretende que Portos concrete se, como se apuntou nunha información publicada neste diario, as obras poderían empezar en setembro.

Tendo en conta o procedemento administrativo previo á firma do contrato, neste diario indicouse mediados de setembro como data probable de inicio do transvasamento. Portos comprometeuse a que non se faría durante a tempada estival. Se comezase a finais de maio ou a principios de xuño, sería difícil mover 30.000 metros cúbicos de area antes de que se use a praia.