Un grupo de veciños evitou que o lume que se orixinou na cheminea dunha casa en Bravos causase danos

La Voz OUROL / LA VOZ

A MariÑA

XAIME RAMALLAL

«Subiron ao lousado cunha escaleira e apagaron as chamas cunha mangueira», contan desde Protección Civil

26 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A inmediata actuación dun grupo de veciños do Pozo, na parroquia ourolense de Bravos, evitou que o lume que se orixinou na cheminea dunha vivenda estendésese. Sobre as 16.30 de onte martes, recibiu Protección Civil de Ourol o aviso do 112, e, segundo explicaron, cando os seus efectivos chegaron, un grupo «duns seis veciños» salvara xa a situación: «Subiron ao lousado cunha escaleira e apagaron as chamas cunha mangueira». Pouco despois apareceron tamén os bombeiros de Viveiro, que comprobaron a temperatura e refrescaron a cheminea para evitar que o incendio puidese volver avivarse.

A vivenda, onde vive un matrimonio maior e a súa filla, é de vigas e madeiras, polo que as chamas se poderían ter expandido con rapidez.